Despois de formarme na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMuC) e no Koninklijk Conservatorium Den Haag, dos Países Baixos, desenvolvín unha carreira na que teño colaborado con Slagwerk Den Haag, Teatre Nacional de Catalunya, Centro Coreográfico Galego, La Fura dels Baus, Orquesta Sinfónica de Galicia ou a Orquestra Simfònica del Gran Teatre del Liceu e compartín escenario con Pierre Boulez, Michael Nyman, Ainhoa Arteta, Lang Lang, Paquito D’Rivera, Carlos Núñez ou Cristina Pato.
As miñas composicións e creacións foron programadas e presentadas en salas e festivais como o Gran Teatre del Liceu, Mercat de les Flors, MACBA (Museu d’Art Contemporani de Barcelona), IVAM (Institut Valencià d’Art Modern), Festival Grec, Temporada Alta, o Palau de la Música Catalana de Barcelona, Teatro Circo Price de Madrid ou o Festival Internacional de Circo de São Paulo.