E-bo
Para prato chinés, obxectos e electrónicas, 2024

Composición / Interpretación
Unha exploración dos límites sonoros deste instrumento
(Duración: 21’ · En tres movementos)
E-bo é unha peza para prato chinés, obxectos e electrónicas que se enmarca dentro da tradición de composicións para solista e cinta electrónica pregravada, habitual na música contemporánea desde a segunda metade do século XX, indo un paso máis alá.
A obra parte dun enfoque minimalista: extraer o máximo potencial sonoro a partir dun número mínimo de elementos. Así, E-bo explora a fondo todas as posibilidades tímbricas dun único instrumento de percusión: o prato chinés. En China, “bo” é o nome xenérico que designa a familia de pratos feitos artesanalmente segundo unha tradición ancestral. O título da obra xoga con ese nome, engadindo o prefixo “E”, en referencia ao universo electrónico.
A investigación sonora da obra parte dun paralelismo: a riqueza de harmónicos do prato chinés e o modo en que os sintetizadores traballan a partir do control deses harmónicos. Desde esa idea, a peza combina recursos acústicos e electrónicos para expandir o espectro tímbrico do instrumento, transformándoo nun universo sonoro complexo e dinámico.
O traballo reflexa o punto de encontro entre o acústico e o electrónico, esvaecendo os seus límites ata o punto de facer soar o acústico como electrónico e viceversa.
E-bo está estruturada en tres movementos, seguindo o esquema clásico rápido–lento–rápido. A duración total da obra rolda os 21 minutos.
Esta peza tamén continúa a miña liña de traballo centrada na economía de recursos como motor creativo. Compoñer unha obra desa duración utilizando só un instrumento de altura indeterminada supón un paso máis nesa dirección. Parte do traballo desenvolvido na residencia Ganta 7 centrouse en explorar distintas técnicas estendidas sobre o prato, con baquetas, arcos, escobillas, motores, obxectos non musicais, así como a súa captación, amplificación e transformación electrónica.
Obra encargo das residencias transfronteirizas Ganta 7, entre Catalunya e Occitania, convocadas por:
- La Marfà de Girona
- Ameba Girona
- La Casa Musicale de Perpignan
- Ensemble Flashback
Obra estreada o 21 de novembro de 2024 na sala El Mediator de Perpiñán (Francia), dentro do ciclo Aujourd’hui Musiques, e o 12 de decembro de 2024 en La Marfà de Girona, dentro do ciclo Generador de tardor.