PERSONALIZAR PREFERENCIAS DE PRIVACIDAD
Para banda sinfónica, gravacións de campo e electrónicas, 2025
Un percorrido sonoro pola Galicia de Dorothé Schubarth a través dos seus arquivos
(Duración 10′)
Picc., Fl., Ob., C.I., 2 Fgts./Req. Mib., Cl. I Sib., Cl. II Sib., Cl. III Sib., Cl.B. Sib./S. Sopr. Sib., S. Alto Mib., 2 S. Ten. Sib., S. Bar. Mib./4 Tpas. Fa, 3 Tpts. Sib., 2 Flisc. Sib., 2 Trbs. Ten., Trb. B., 2 Bomb. Do, 2 Tubas/Timb., 4 Perc. (Crótalos [arco e baqueta], triángulo, caixa chinesa, caixa, pratos de choque, lira, tom grave, tam-tam, vibráfono, campá tubular en re bemol, prato suspendido, prato suspendido con cadea [sizzle], bombo)/Contrabaixo
Obra estreada pola Banda Municipal de Bilbao o 2 de marzo de 2025.
As marxes é unha obra que traza un percorrido sonoro polas recollidas que a etnomusicóloga Dorothé Schubarth realizou en Galicia. Nacida en Basilea en 1944, percorreu o territorio galego entre 1978 e 1983, e o froito do seu traballo foi publicado no Cancioneiro Popular Galego, coa colaboración de Antón Santamarina.
A xenerosidade desta muller fixo posible que, a día de hoxe, teñamos acceso a un xeito de cantar, tocar e entender o mundo que estaba esmorecendo naquela época.
En marzo de 1980, Schubarth visitou a Vila da Igrexa, en Cerceda, e tamén o lugar de Mens, en Malpica. Apenas 45 quilómetros separan un sitio do outro, pero nas gravacións realizadas pódese percibir perfectamente que se trataba de músicas vivas e cambiantes. A mesma melodía pode ter unha letra completamente diferente, variacións na ornamentación, no debuxo melódico e mesmo no ritmo ou no acompañamento. O xeito de cantar e tocar de Adolfina e Rosa Casás en Cerceda é diferente ao de Asunción Garrido, Manuela e Teresa Lema en Malpica.
Ese pouso, esa autenticidade e flexibilidade da música, é ao que fai referencia o nome As marxes: os límites da interpretación musical que non poden ser reflectidos nunha partitura con notación clásica occidental, pero que están presentes na tradición. O título alude tamén a unhas músicas, tradicións e formas de entender o mundo que quedaron relegadas a un plano secundario coa marcha da poboación das aldeas ás cidades. As marxes reivindica o valor do patrimonio inmaterial da periferia da periferia europea, músicas creadas lonxe dos eixes da alta cultura.
Na obra escoitamos as voces e as pandeiretas destas cinco mulleres (nacidas entre 1912 e 1924) grazas ao uso dos arquivos sonoros. Percíbense tamén as imperfeccións das gravacións, cos seus ruídos, golpes, clics das cintas, e mesmo sons propios da cociña e do entorno onde se fixeron. Ademais, están presentes as conversas entre as informantes e Dorothé: repetindo e aclarando coplas ou simplemente rindo e desfrutando. É unha recreación sonora do que a suíza viviu nas casas de toda Galicia, compartindo momentos con centos de persoas anónimas que conservaron este patrimonio inmaterial.
45 anos separan as gravacións escollidas para esta obra da data da súa estrea: de marzo de 1980 na Vila da Igrexa e Mens a marzo de 2025 no Palacio Euskalduna de Bilbao, coa interpretación da Banda Municipal de Música de Bilbao. Esta estrea coincide coa homenaxe que a Real Academia Galega rende ás cantareiras e á poesía popular oral polo Día das Letras Galegas 2025. Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, Prudencia, Asunción Garrido e Manuela Lema son as caras visibles desta homenaxe ao tesouro patrimonial colectivo: a música.
A escolla da formación que acompaña esta obra non é casual. As bandas populares de música forman parte tamén da tradición e da sociedade galega, sempre presentes nas nosas festas e verbenas. As marxes, así, une dúas pezas fundamentais da nosa cultura popular: as cantareiras e as bandas de música.
Co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística
Os materiais sonoros incluídos neste traballo publícanse por cortesía do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego) no que se alberga o fondo Schubarth-Santamarina ao que pertencen as gravacións

RESPETAMOS TU PRIVACIDAD
Utilizamos cookies para mejorar tu experiencia de navegación, personalizar contenido y mostrar anuncios relevantes. Al hacer clic en Aceptar todo, aceptas el uso de cookies. Puedes obtener más información en nuestra Política de cookies y configurar tus preferencias pulsando en Configurar cookiesPERSONALIZAR PREFERENCIAS DE PRIVACIDAD