PERSONALIZAR PREFERENCIAS DE PRIVACIDAD
Son un músico inquedo: percusionista, compositor e creador sonoro especializado en música clásica, contemporánea e músicas do mundo.
Traballo a medida escoitando a individualidade e buscando un son único e singular para cada proxecto, trascendendo estilos ou formas musicais concretos.
Os retos artísticos que se me presentan permítenme investigar, improvisar e xogar para ampliar linguaxes sonoras, sempre tendo en conta a interdisciplinariedade de calquera manifestación artística.
Despois de formarme na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMuC) e no Koninklijk Conservatorium Den Haag, dos Países Baixos, desenvolvín unha carreira na que teño colaborado con Slagwerk Den Haag, Teatre Nacional de Catalunya, Centro Coreográfico Galego, La Fura dels Baus, Orquesta Sinfónica de Galicia ou a Orquestra Simfònica del Gran Teatre del Liceu e compartín escenario con Pierre Boulez, Michael Nyman, Ainhoa Arteta, Lang Lang, Paquito D’Rivera, Carlos Núñez ou Cristina Pato.
As miñas composicións e creacións foron programadas e presentadas en salas e festivais como o Gran Teatre del Liceu, Real Filharmonía de Galicia, Mercat de les Flors, MACBA (Museu d’Art Contemporani de Barcelona), IVAM (Institut Valencià d’Art Modern), Festival Grec, Temporada Alta, o Palau de la Música Catalana de Barcelona, Teatro Circo Price de Madrid ou o Festival Internacional de Circo de São Paulo.
O Premio Martín Códax da Música por Só un solo (2023, categoría de música clásica e contemporánea) e os premios á mellor banda sonora do Festival de Cans por Conte trencat (2020) e O neno sardiña (2023) recoñeceron o meu traballo. Tamén contei co apoio á creación das bolsas para a investigación e a innovación das artes escénicas da OSIC (Generalitat de Catalunya, 2020 e 2022), a bolsa Premios Barcelona 2020 (Institut de Cultura de Barcelona) e as residencias artísticas Mariñán da Deputación da Coruña (2022).
RESPETAMOS TU PRIVACIDAD
Utilizamos cookies para mejorar tu experiencia de navegación, personalizar contenido y mostrar anuncios relevantes. Al hacer clic en Aceptar todo, aceptas el uso de cookies. Puedes obtener más información en nuestra Política de cookies y configurar tus preferencias pulsando en Configurar cookiesPERSONALIZAR PREFERENCIAS DE PRIVACIDAD