A fontaneira 1981 portada
4
A Fontaneira 1981 Guion 22092026 scaled
A Fontaneira 1981 Guion 22092026 3 scaled

Volver

A Fontaneira 1981

Para violín solo e electrónicas, 2026

Arte 33
Creación y Composición

Composición / Electrónicas

Na memoria de Florencio “o Cego dos Vilares”

(Duración 5’25”)

Obra estreada por Florian Vlashi o 30 de setembro de 2026 no Centro Cultural Gabriel García Márquez de Bogotá, Colombia.

A Fontaneira 1981 nace dunha suxerencia do violinista albanés Florian Vlashi: escribir unha pequena obra para violín solo. Despois da experiencia de traballar con arquivos sonoros da tradición galega en obras como Faramontaos 1952 e As marxes, tiven claro que quería partir da música de Florencio López Fernández, coñecido como «o Cego dos Vilares».

Florencio foi un violinista e cantor cego que percorreu durante décadas as feiras e vilas da montaña luguesa. O seu xeito de tocar, tan persoal e recoñecible, segue presente na música de toda unha xeración de violinistas galegos. Para esta obra centreime nas gravacións que Dorothé Schubarth e Antón Santamarina lle fixeron na Fontaneira en 1981.

Ao escoitalas con detalle interesoume especialmente todo o relacionado cos aspectos técnicos que lle dan ese son característico: os movementos de arco, as ornamentacións, as cordas ao aire e os pequenos xestos cos que Florencio comeza e remata as súas interpretacións. Antes de tocar, ás veces parece repasar a afinación ou enlazar unhas notas a modo de preludio. Eses xestos aparecen, por exemplo, nos compases 37 e 39; o compás 43 transcribe unha das súas frases de entrada. Ao rematar, adoita pasar o arco polas catro cordas, de grave a agudo, colocando un dedo na primeira para formar o acorde sol-re-la-sol. Esa especie de sinatura pode escoitarse na anacrusa do compás 110 e ao final da obra.

Nas gravacións escollidas, as cordas do violín soan un semitón por baixo da afinación habitual: fa#-do#-sol#-re#. Decidín manter esa scordatura porque forma parte do son concreto das interpretacións das que nace a peza. O violín adquire así unha cor algo máis grave e menos brillante.

A partir de pequenos fragmentos das súas frases musicais, recortei, combinei e transformei os xestos de Florencio para crear novos materiais. A obra organízase en tres partes, Adagio – Allegro – Andante. Na primeira e na última, os sons legato e sul ponticello evocan a lembranza das súas interpretacións dende un lugar abstracto e onírico. A sección central reúne os materiais nunha música rápida e virtuosa, dominada polo staccato e polos golpes de arco secos. Os compases irregulares da obra proceden da transcrición rítmica precisa das pasaxes escollidas. Ao longo da peza aparecen tamén pequenos pizzicato coa man esquerda e as dobres cordas ao aire tan características do seu xeito de tocar.

Na sección final da obra modulamos medio ton arriba, creando unha sensación de calma, e aparecen na electrónica unha serie de harmonías que nos trasladan esa sensación de morriña, de lembranza dese pasado que xa non está entre nós pero que ao mesmo tempo nos acompaña para seguir creando dende a contemporaneidade e mirando sempre ao futuro.

As electrónicas da obra foron creadas a partir de pequenas mostras de audio dos violíns do propio Florencio, e podemos escoitar tamén as súas conversas con Dorothé Schubarth e Antón Santamarina durante a recollida.

A obra está dedicada ao compañeiro Florian Vlashi. Foi escrita en 2026, ano no que se cumpren corenta anos da morte de Florencio e no que eu tamén cumpro corenta. A súa estrea foi programada o 30 de setembro no Centro Cultural Gabriel García Márquez de Bogotá, Colombia.

Os materiais sonoros incluídos neste traballo publícanse por cortesía do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego) no que se alberga o fondo Schubarth-Santamarina ao que pertencen as gravacións.

Ver más

Ver menos

Volver

RESPETAMOS TU PRIVACIDAD

Utilizamos cookies para mejorar tu experiencia de navegación, personalizar contenido y mostrar anuncios relevantes. Al hacer clic en Aceptar todo, aceptas el uso de cookies. Puedes obtener más información en nuestra Política de cookies y configurar tus preferencias pulsando en Configurar cookies